-
FESTAS PATRONAIS NOSA SEÑORA DE OUROL 20262026-07-13 11:34:07Cultura y ocio
O sábado 8 de agosto de 2026, con motivo da celebración das FESTAS PATRONAIS 2026 na honra á NOSA SEÑORA de Ourol, haberá unha COMIDA ás 15:00 horas nunha carpa que estará situada na Praza do Concello e servida polo Catering Rochela de Vilalba.
Todas aquelas persoas que queiran asistir deberán anotarse e retirar unha TARXETA no Concello, a cal terán que entregar o día da comida.
As persoas ou nenos e nenas que teñan algunha ALERXIA deberán comunicalo no momento da anotación.
PREZO
Persoas empadroadas: GRATIS
Nenos/as NON empadroados/as de 0 a 6 anos: GRATIS
Nenos/as NON empadroados/as de 7 a 11 anos: 14,00 €
Persoas NON empadroadas maiores de 11 anos: 28,00 €