• 2026-07-15 12:33:54
    Emprego


    Está aberto un novo prazo para a presentación de solicitudes por parte dos/as interesados/as para cubrir unha praza vacante de peon condutor de incendios e de dúas prazas vacantes de peon de brigada de incendios para a campaña de incendios do 2026..

    O novo prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 16 ao 23 de xullo de 2026 (ambos inclusive)

    Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

    As bases dos dous procedementos están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es