• 2026-09-16 09:38:43
    Info General


    A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vai abrir a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4 no ano 2026.

    PERSOAS DESTINATARIAS:

    Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural de convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

    DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

    As probas realizaranse en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid e terán lugar os días 14 e 15 de novembro (Celga 4), 21 de novembro (Celga 3) e 22 de novembro (Celga 2), sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida

    As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 7 de outubro de 2026.

    As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (16,92 €)

    INFORMACIÓN:

    -          Resolución do 8 de setembro de 2026 da Secretaría Xeral da Lingua (DOG nº 176 de 16 de setembro de 2026).