-
OBRADOIRO "CANTARES DE VIDA"2026-09-17 13:16:04Info General
Obradoiro: "Cantares de vida", impartido por Ugía Pedreira. IV XORNADAS ETNOGRÁFICAS DA MARIÑA EN OUROL
Descrición:
Un percorrido polo ciclo do ano do cantar popular galego, polos xéneros e polas súas funcións sociais. Veranse as cancións como dispositivos vivos de comunicación e cohesión grupal. Abordarase o canto desde a xestión emocional: cando, para que e por que se cantou e se segue cantando en Galicia.
Tratarase a socioloxía musical: o canto como rede de apoio, de resistencia, cultura, identidade e tecido social. Tamén se fará unha antropoloxía viva, mapeando relacións, funcións e usos das cancións galegas, con especial atención á Mariña de Lugo.
Haberá unha parte práctica e colectiva: cantaremos e reelaboraremos pezas tradicionais utilizando a maxia da improvisación e a memoria para actualizalas con valores contemporáneos.
ℹ️ Datos clave:
- Día: 26 de setembro
- Hora: 16:00 h
- Lugar: Edificio multiusos de Ourol
- Destinatarios: todas as persoas interesadas
- Acceso: aberto ao público en xeral e de balde
- Responsable/ponente: Ugía Pedreira