• 2026-10-26 08:12:35
    Servicios Sociales


    📸 EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA «EXPRESS-ARTE» NO CONCELLO DE OUROL

    O Concello de Ourol informa dos horarios de visita da exposición fotográfica «Express-Arte, unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte», unha iniciativa que nos convida a reflexionar sobre distintas realidades a través da expresión artística e que contribúe á sensibilización e á loita contra a violencia de xénero.

    📍 Lugar: Edificio Multiusos de Ourol.

    🕒 HORARIOS DE VISITA

    📅 Luns: de 11:00 a 12:30 h.
    📅 Martes: de 10:00 a 11:30 h.
    📅 Mércores: de 11:00 a 12:30 h.
    📅 Xoves: de 11:00 a 12:30 h.
    📅 Venres: de 10:00 a 11:30 h.

    ℹ️ Queres visitar a exposición fóra destes horarios?

    Se estás interesado/a en coñecer a Exposición e non podes acudir nos horarios establecidos, podes contactar co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol para consultar a posibilidade de concertar unha visita.

    📞 982 559 109 / 677 489 457

    Animámosvos a achegarvos a esta exposición, descubrir as realidades que nos transmite a través da arte e dedicar un tempo á reflexión sobre a igualdade, o respecto e a importancia dunha sociedade libre de violencia de xénero.

    💜 Pola igualdade e por unha vida libre de violencia!