• 2026-10-28 11:43:28
    Servicios Sociales


    O Concello de Ourol está a organizar o XXVII Encontro de Maiores, que terá lugar o vindeiro domingo, 6 de decembro de 2026, no Restaurante  Louzao, en Viveiro.

    Unha xornada especial para compartir, desfrutar da boa compañía e celebrar o encontro das persoas maiores do noso concello. ❤️

    🍽️ A xornada incluirá unha comida e música en directo!

    👥 Quen pode participar?
    As persoas de máis de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol.

    Tamén poderán asistir:

    • Cónxuxes non empadroadas/os, aboando o prezo da entrada (50,60 €).

    • Cónxuxes empadroados/as que non cumpran o requisito de idade, aboando igualmente 50,60 €.

    • As persoas dependentes poderán acudir cunha persoa acompañante que estará exenta do pagamento da entrada.

    💶 Prezo: gratuíto para as persoas empadroadas que cumpran os requisitos de participación.

    🎟️ Importante: todas as persoas asistentes deberán recoller a súa entrada nas dependencias municipais.

    Agardamos contar coa vosa participación para compartir unha xornada chea de alegría, convivencia e bos momentos! 🥰

    Concello de Ourol | Servizos Sociais



    Adjuntos: