-
ENCONTRO DE REFLEXIÓN SOBRE MIGRACIÓNS E MUNDO RURAL2026-11-06 10:31:51Servicios Sociales
O Concello de Ourol acollerá o vindeiro 10 de novembro un Encontro de Reflexión sobre Migracións e Mundo Rural, organizado por Ecos do Sur, en colaboración coa Fundación “La Caixa”, no marco do ciclo «A sustentabilidade dos espazos rurais».
O encontro reunirá representantes das administracións públicas, entidades sociais, asociacións e tecido empresarial para compartir experiencias e reflexionar sobre os retos e oportunidades dos territorios rurais, así como sobre o seu presente e futuro.
Desde o Concello de Ourol queremos amosar a nosa satisfacción por colaborar na celebración desta iniciativa, contribuíndo a crear espazos de diálogo e reflexión sobre o futuro do noso rural.
Lugar: Edificio Multiusos de Ourol.