-
XORNADA MÁIS ALÓ DOS PARQUES EÓLICOS: COMUNIDADES E TERRTORIO2026-11-12 11:53:37Emprego[Xornada] Máis alá dos parques eólicos: Comunidades e territorio.
Data: sábado 21 de novembro de 2026.
Horario: de 10:30 a 13:15 h
Lugar: Local social da CMVMC de San Adrián, Ortigueira.
Un espazo para compartir experiencias, resolver dúbidas e explorar oportunidades
Os procesos de negociación vinculados ao repotenciamento dos parques eólicos abren novas posibilidades, pero tamén suscitan interrogantes e desafíos para os territorios afectados. Como conectar estes procesos coas necesidades e iniciativas locais? Que oportunidades poden xurdir para as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), as asociacións veciñais, persoas propietarias e grupos interesados.
Esta xornada pretende tender pontes entre os procesos de repotenciamento eólico e o desenvolvemento de iniciativas enerxéticas de base comunitaria, poñendo en común experiencias prácticas, resolvendo dúbidas e abrindo un espazo de debate para compartir propostas e identificar posibles vías de colaboración desde o propio territorio.
Pinha no seguinte enlace para inscribirte: https://www.redenerxia.gal/axenda/xornada-máis-alá-dos-parques-eólicos-comunidades-e-territorio