-
CURSO: USO SEGURO DO MEDICAMENTO. MOBILIZACIÓN E COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES2018-05-08 09:14:06Servicios Sociales
Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Consellería de Sanidade) e a ACIS (axencia de coñecemento en saúde), vaise a levar a cabo un CURSO DE “USO SEGURO DO MEDICAMENTO. MOBILIZACIÓN E COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES”
DATA: 5 DE XUÑO DE 2018
HORARIO: 16:30-20:30
LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE OUROL
Obxectivos:
- Dotar de habilidades ós coidadores de maiores en mobilización, cambios posturais e hixiene postural.
- Concienciar á poboación sobre os beneficios e riscos asociados ao uso do medicamento.
- Transmitir a importancia da adherencia ao medicamento.
Programa:
- Coidados en dependentes, técnicas de mobilización de persoas con dificultade de mobilidade e prevención de caídas.
- Hixiene postural
- Técnicas de mobilización: tipos de técnicas
- Uso seguro do medicamento
Relatora:
María Olga Roca Bergantiños. Enfermeira. Supervisora da EOXI de Lugo.
Destinatarios:
Pacientes, familiares, persoas coidadoras e cidadanía en xeral.
As inscricións poden realizarse directamente na páxina web da Escola Galega de Saúde (https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais) ou ben dirixíndose ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109)