-
PROGRAMA OUROL SAUDABLE2019-04-11 11:34:50Info General
- Estás preocupado pola túa saúde?
- Gustaríache cambiar os teus hábitos de alimentación?
- Tes dor de espalda, pernas, ombros e non sabes que facer?
- Tes nenos pequenos e queres aprender trucos para a súa alimentación ou para durmilos?
- Queres aprender a mover pesos?
- Queres aprender a camiñar correctamente?
Si a resposta a maioría destas preguntas e SI acompáñanos no PROGRAMA OUROL SAUDABLE e aprenderás como facelo.
Durante os meses de maio e xuño todos os luns reunirémonos e falaremos dos temas de saúde que mais che interesen e, cando o tempo o permita faremos exercicios no parque bio-saudable e no paseo da Rega.
Queremos que veñas e si non é posible buscaremos a forma de adaptarnos para que poidas asistir.
Apúntate!!!
Adjuntos: