-
II Xornadas de Historia Local do Concello de Ourol2019-08-08 08:47:05Biblioteca
Onte celebramos a primeira das xornadas de Historia Local de Ourol. Contamos coa presenza de Mario Saavedra Pérez quen realizou unha presentación sobre a historia dos cruceiros, cruces, cristos e outros monumentos relixiosos centrándose nos monumentos máis destacados do noso concello.
Unha charla moi amena e interesante que nos mostrou a inmensa riqueza etnografica do noso concello.
Animamos a todas as persoas interesadas a participar na segunda sesión. Hoxe estarán con nós Emilio Xosé Insua López e José Manuel López Chao presentando o libro "José Maria Riguera Montero e Manuel Riguera Montero: dous emigrantes das montañas de Ourol e Muras".
Adjuntos: