• 2020-02-24 11:59:51
    Servicios Sociales

    Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad de Burela e dentro do seu programa Inserta Brumei, vaise a levar a cabo un CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA. Este curso, que dará comezo o día 2 de marzo de 2020, realizarase de luns a venres en horario de 10:00 a 12:00 e prolongarase durante 4 meses. As clases terán lugar na Casa da Cultura (2ª planta). O curso incluirá contidos relacionados con formacion inicial básica para o manexo dun ordenador (teclado, rato, escritorio...etc), inicio aos navegadores da internet, inciación ó correo electrónico e nocións básicas para elaborar e modificar o curriculum vitae así como o envío do mesmo a través de internet.




    Adjuntos: