-
AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLAS E FILLOS NO CONCELLO DE OUROL2020-06-19 11:09:25Servicios Sociales
OBXECTO DAS AXUDAS: Concesión de subvencións por nacemento de fillo/a, adopción e acollemento no Concello de Ourol, para familias con fillos/as menores de 3 anos á data da solicitude. Excepcionalmente poderán presentar a solicitude durante este ano, aquelas familias non nenos/as nacidos entre o 1 de xaneiro de 2017 e ata 1 mes despois da data de publicación das bases no BOP.
REQUISITOS:
- Ser español ou estranxeiro con residencia legal en España
- Que polo menos un dos proxenitores figure empadroado no Concello de Ourol na data da solicitude, cunha antigüidade mínima de 9 meses.
- A nai ou o pai así como os fillos/as polos que se solicita a axuda, deberán comprometerse a seguir empadroados no Concello, por un período mínimo de 1 ano despois de rematado o cobro das axudas
CONTÍA DAS AXUDAS: Ata 600 €
- Para as solicitudes presentadas no primeiro anod e vida do neno/a: 600 €
- Para as solicitudes presentadas no segundo ano de vida do neno/a: 480 €
- Para as soliciudes presentadas no terceiro ano de vida do neno/a: 360 €
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN :
Presentaranse no departamento municipal de servizos sociais do Concello de Ourol, chamando previamente por teléfono para concertar cita. As solicutdes deberán vir acompañadas da seguinte documentación:
- DNI da persoa ou persoas solicitantes
- Libro de familia ou documento acreditativo do nacemento ou adopción
- Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio presentarase fotocopia do convenio e/ou sentenza xudicial que atribúa a garda e custodia do menor que orixine a axuda
- Certificado da conta bancaria na que se solicita o ingreso da axuda
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A partir do día seguinte ó da publicación das bases no BOP e ata que o neno/a cumpra 3 anos de idade.
Excepcionalmente, poderán presentar a solicitude durante este ano, aquelas familias con nenos/as nacidos entre o 1 de xaneiro de 2017 e ata 1 mes despois da data de publicación destas bases no BOP