- 
									AXUDAS PARA O TRANSPORTE AO ALUMNADO2020-07-21 12:47:19Info GeneralO Concello de Ourol concedo axudas destinadas a sufragar gastos de desprazamentos dos alumnos do Concello que estudan fora do termo municipal, durante o curso escolar 2019-2020.
 Para acceder a estas axudas os alumnos deben:
 - Estar empadroados no Concello de Ourol
 - Figurar matriculados no curso 2019-2020
 - Terse presentado alomenos a un 50% das materias correspondentes ao curso 2019-20
 A presentación de solicitudes, para acceder a estas axudas, farase no Concello de Ourol, e o prazo para a súa presentación será ata o 5 de agosto de 2020.
 
 
 
 
