• 2020-08-14 10:09:55
    Servicios Sociales

    O domingo 6 de setembro de 2020 terá lugar, ás 17:00 horas no Edificio Multiusos do Concello de Ourol, a representación teatral "La Pimentera". Posteriormente realizarase un foro participativo onde as persoas asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual.
    Para dar cumprimento ás medidas de seguridade contra o Covid-19, será obrigatorio o uso de máscara e o aforo limitarase a 30 persoas.
    Esta actividade enmárcase no Programa de actividades que teñen como finalidade o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.






    Adjuntos: