• 2021-03-01 12:51:28
    Servicios Sociales


    BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS POR NACEMENTO  DE FILLAS E FILLOS NO CONCELLO DE OUROL

    PUBLICADAS NO BOP NÚM. 047 – Sabado, 27 de febreiro de 2021 (http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/75159)


    OBXECTO DAS AXUDAS:

    Subvencións para familias do Concello de Ourol por nacemento, adopción ou acollemento de fillo/a e ata que a nena ou neno cumpra os 3 anos.

    CONTÍA DAS AXUDAS:

    A contía da axuda por nacemento ou adopción de nena ou neno será de ata 600€ por cada un, e será compatible con calquera outra axuda que se perciba por este motivo procedente doutras administracións.

    -          Solicitantes con fillos/as menores de 1 ano á data de solicitude: 600€

    -          Solicitantes con fillos/as de entre 1 e 2 anos á data de solicitude: 480€

    -          Solicitantes con fillos/as de entre 2 e 3 anos á data de solicitude: 360€

     REQUISITOS:
    - Ser español ou estranxeiro con residencia legal en España
    - Que polo menos un dos proxenitores figure empadroado no Concello de Ourol na data da solicitude, cunha antigüidade mínima de 9 meses.
    - A nai ou o pai así como os fillos/as polos que se solicita a axuda, deberán comprometerse a seguir empadroados no Concello, por un período mínimo de 1 ano despois de rematado o cobro das axudas


    SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN :
    As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol segundo o modelo oficial. Xunto coa solicitude acompañarase a seguinte documentación:
    - DNI da persoa ou persoas solicitantes.
    - Libro de familia ou documento acreditativo do nacemento ou adopción.
    - Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio presentarase fotocopia do convenio e/ou sentenza xudicial que atribúa a garda e custodia do menor que orixine a axuda.
    - Certificado da conta bancaria na que se solicita o ingreso da axuda.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    Poderán presentar as solicitudes aquelas persoas que reunan os requisitos establecidos das bases a partir do día seguinte ó nacemento do/a fillo/a ou á resolución xudicial ou documento análogo constitutivo da adopción ou, neste último caso, da notificación ao solicitante e ata que o /a neno/a cumpra os 3 anos de idade.