• 2021-11-08 13:16:23
    Servicios Sociales

    O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, organiza o curso  COIDANDO Ó COIDADOR cos seguintes obxectivos:
    - Formar a coidadores e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan así como o uso de axudas técnicass que faciliten a súa labor.
    - Previr o síndrome do coidador e codependencia nos familiares e coidadores.
    - Previr o estrés e sobrecarga na persoa coidadora.
    Este curso terá lugar o día 18 de novembro ás 16:30 horas no Edificio Multiusos.
    Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden chamar ós teléfonos 982559109/ 677489457 para anotarse.




    Adjuntos: