-
CHARLA INFORMATIVA REVOLTA RURAL "MARATON DE EMPRENDEMENTO"2022-03-31 14:05:48Emprego
CHARLA INFORMATIVA REVOLTA RURAL "MARATON DE EMPRENDEMENTO"
Os GDR (Grupos de Desarrollo Rural) Terras de Miranda (no que está incluído Ourol), Montes e Vales Orientais e Seitura 22 impulsan unha actividade conxunta que busca impulsar o emprendemento e o desenvolvemento de novas liñas de negocio en empresas que xa estén en marcha.
Trátase dun MARATON DE EMPRENDEMENTO que se desenvolverá os días 22, 23 e 24 de abril no Pazo de Santo Tomé en Mondoñedo .
Deste Maraton elixiranse doce proxectos, catro por cada un dos tres territorios, que se levarán un premio e ademais unha formación guiada cunha duración de seis meses coa cal poder desenvolver a súa idea de negocio ou a nova liña ou modernización que queiran implementar na súa empresa.
Previamente celebrarase unha charla informativa para informar deste Maraton de Emprendemento aos posibles interesados.
Día: 5 de abril ás 13:00 horas.
Lugar: Edificio CENIMA de Foz
Adjuntos: