• 2022-05-04 10:28:11
    Info General

    Vaise proceder a facer unha campaña voluntaria de vacinación antirrábica e de desparasitación contra o quiste hidatídico neste termo municipal.
    Para elo se puxo en contacto co concello Julia Crespo (colexiada 1387) que xa  fixo en anos anteriores esta campaña.
    A campaña de vacinación farase casa por casa, toda vez que está prohibida a concentración de cans.
    Os prezos destes servizos son:
    - Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 euros.
    - Implantación do microchip con crédito alta Regiac: 35 euros.
    O calendario de vacinación será o seguinte:
    - MARTES 24 DE MAIO: PARROQUIAS DE XERDIZ, MIÑOTOS E OUROL
    - MERCORES 25 DE MAIO: PARROQUIAS DE MERILLE, BRAVOS, SISTO, AMBOSORES E SAN PANTALEON.
    Para confirmar o seu interese, así como nos seguintes supostos: se non vacinou o seu can o ano pasado ou non puidese facelo nas datas sinaladas prégase se poña en contacto co veterinario resonsable da campaña no seguinte teléfono: Julia Crespo: 628-276428.

    Adjuntos: