-
AVISO IMPORTANTE: RECOLLIDA DE FIRMAS EN PROTESTA POLA AUSENCIA DE MÉDICO EN OUROL2022-05-19 10:47:08Info General
LEMBRADE!!!!
Hoxe , 19 de maio de 11:00 h a 13:00 h a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Mariña estará no Centro de saúde de Ourol para recoller firmas en protesta pola ausencia de médico no noso concello.
Desde esta alcaldía pregamos a todos os veciños e veciñas que se acheguen ata o centro de saúde para asinar en protesta pola ausencia de médico e reclamar un servizo digno.
O alcalde
José Luis Pajón Camba