• 2022-07-04 10:06:20
    Info General

    CONVOCATORIA DE AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2021-2022) (2ª CONVOCATORIA)



    BENEFICIARIOS: Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.

    Quedan excluídos desta convocatoria aqueles/as xoves que tiveran sido beneficiarios/as na anterior convocatoria aprobada polo concello de Ourol (BOP Lugo 150, do sábado 02 de xullo de 2022)



    REQUISITOS:

    - Estar empadroado no Concello de Ourol

    - Figurar matriculado no curso académico 2021-2022 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.


    TIPO DE AXUDAS:

    Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios:

    - De 1 Km a 15 Km ........................ 120 €

    - De 15 Km a 50 Km .......................150 €

    - De 50 Km a 175 Km .....................200 €

    - De máis de 175 Km ..................... 250 €


    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 8 de setembro de 2022


    DOCUMENTACION A APORTAR:

    - Modelo de solicitude

    - Fotocopia do DNI do/a solicitante cotexado co seu orixinal.

    - Certificación bancaria da conta corrente do interesado


    Xustificación para o cobro da axuda:

    1.- Para os alumnos universitarios:

    1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.

    1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse  presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2021-2022.

    1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos


    2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:

    2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2021-2022.


    Adjuntos: