-
BONO ALUGUEIRO SOCIAL2022-07-14 12:31:20Emprego
OBXECTO: As axudas do bono de alugueiro social están destinadas a atender, con carácter urxente, os seguintes colectivos:
a) Aquelas unidades de convivencia que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda por estaren inmersas en situación de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b) As unidades de convivencia das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda.
c) Aquelas unidades de convivencia con dificultades para asumiren o custo do arrendamento dunah vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufructuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
d) Aquelas unidades de convivencia ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, lle finalizase a vixencia do seu contrato, unha vez publicada esta resolución.
e) Aquelas unidades de convivencia ás cales, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras cos concellos, a Comisión de Seguimento e Coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda.
f) Aquelas unidades de convivencia que, sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes de Reestructuración Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia dos seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de axuda do Programa do bono alugueiro social.
g) Os/as mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela, co obxecto de facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de arrendamento
h) As persoas que fosen privadas da ´sua vivenda habitual como consecuencia de procedmementos xudiciais de execución hipotecaria ou dun acordo extraxudicial de venda ou dación en pagamento a entidades financeiras.
i) As persoas que sexan beneficiairas do bono de alugueiro social, ou que estean en situación de prórroga, con base nas convocatorias anteriores, sempre que acrditen que continúan en situación de vulnerabilidade.
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
- Posuir a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados memebros da UE ou do Espazo Económico Europeo.
- Estar empadroadas e ter resiencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia durante os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude de axuda.
- Ser titulares ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha duración mínima dun ano.
- Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituir o seu domicilio habitual e permanente.
- Que a renda do contrato de arrendamento non supere os importes sinalados no ordinal oitavo das bases reguladoras (425 € no caso de vivendas situadas no Concello de Ourol).
- Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexan iguais ou infeiores a 1,5 veces o IPREM.
- Que nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora.
- Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convicneica teña no terriotiro nacional unha vivneda en propiedade ou en usufruto.
- Que non sexan arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
CONTÍA E DURACIÓN DAS AXUDAS:
Ata o 100 % da renda do contrato de arrendamento.
A axuda recoñecerase deste o mes en que se dite a resolución de concesión.
Cada unidade de convivencia só poderá percibir unha axuda de doce bonos mensuais consecutivos, que será susceptible de catro prórrogas ordinarias sucesivas, de doce meses cada unha, ata acadar unha duración máxima de cinco anos.
En todo caso, as axudas concedidas, tanto en concesión iniciais como en sucesivas prórrogas, non se poderán estender máis aló do 31/12/2026.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: Ata o 30 de novembro de 2026 ou ata o esgotamento do crédito.
INFORMA: Resolución do 1 de xullo de 2022 do IGVS (DOG nº 133 de data de 13/07/2022)