-
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO 25 DE NOVEMBRO: POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO2022-11-15 13:45:49Servicios Sociales
Dende o Concello de Ourol, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, vanse a levar a cabo os seguintes actos durante a vindeira semana:
22 DE NOVEMBRO- INAUGURACIÓN DO BANCO POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (ÁS 12:15 NO PASEO DA REGA)
Actividade realizada en colaboración coa Asociación de Mulleres pola Igualdade BUMEI. Banco de cor violeta cun lema común entre concellos participantes nesta iniciativa que ten como obxectivo mostrar a unión de forzas na repulsa da violencia de xénero e en memoria das vítimas deste tipo de violencias.
24 DE NOVEMBRO- MUSICAL: ROCKEAMOS TODAS CON PAKOLAS (ÁS 18:30 NO EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO)
Actuación musical dirixida a público infantil e as súas familias. As protagonistas son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.
25 DE NOVEMBRO- IV ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (ÁS 12:15 NO PASEO DA REGA) Como acto de repulsa colectiva contra esta lacra social que acaba coa vida de tantas mulleres a mans das súas parellas ou exparellas cada ano. Neste acto tamén se dará lectura por parte do alcalde dun manifesto de repulsa contra calquer acto de violencia machista e como símbolo do compromiso e implicación na loita contra a violencia de xénero.
26 DE NOVEMBRO. AUTOCINE: PROXECCIÓN DO FILME VILAMOR DE IGNACIO VILAR (ÁS 20:00 NA EXPLANADA DETRAIS DO CONCELLO)
No que se presenta un modelo alternativo de convivencia entre as persoas que defende valores como o respecto, a paz, a liberdade e a igualdade entre os sexos, todos eles valores fundamentais nos que non ten cabida a superioridade dun sexo sobre o outro e ningún tipo de violencia basado nesta desigualdade.
Para máis información e/ou anotarse nalgunha destas actividades poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol. Para anotarse na actividade musical infantil deben facelo na Biblioteca de Ourol.
Adjuntos: