• 2022-11-18 13:33:57
    Servicios Sociales

    O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mulleres pola Igualdade BUMEI, contará cun  Banco de cor violeta contra a violencia de xénero situado no Paseo da Rega. Este banco quere servir de espazo de reflexión contra esta lacra social que cada ano acaba coa vida de tantas mulleres e simbolizar  a unión de forzas na repulsa da violencia de xénero e  en memoria das vítimas deste tipo de violencias.

    A inauguración terá lugar o día 22 de novembro ás 12:15 no Paseo da Rega.
    Invitamos a toda a veciñanza a participar neste acto e agredecemos de antemán a súa asistencia.


    Adjuntos: