- 
									PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE2023-01-10 14:00:10EmpregoProbas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificacións.
 
 
 
 OBXECTO:
 
 Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para o acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.
 
 As competencias clave son necesarias para poder acceder a certas especialidades dos obradoiros de emprego de nivel 2 e 3 para aqueles desempregados que non posúan de estudos como mínimo a ESO.
 
 COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN:
 
 Convocanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:
 
 - Comunicación en lingua galega
 
 - Comunicación en lingua castelán.
 
 - Comunicación en lingua extranxeira (inglés)
 
 - Competencia matemática.
 
 No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarase a esta proba as persoas que estén en posesión do certificado Celga 2
 
 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 13 de febreiro de 2023.
 
 DOCUMENTACIÓN:
 
 - Modelo de solicitude (Anexo I) (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal)
 
 INFORMACIÓN:
 
 - Resolución do 22 de novembro de 2022 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. DOG nº 6 de 10 de xaneiro de 2023).
 
 - Instituto Galego das Cualificacións. Tfnos: 981-546840 981-541562 981546808 ctb.igcualif@xunta.es
 
 - Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 8:00 a 15:00 horas ou no teléfono ao 982-559109.
