-
CURSO DE EXERCICIO FÍSICO E OCIO2023-05-10 09:16:10Servicios Sociales
O vindeiro día 23 de maio ás 16:30 h. terá lugar no Edificio Multiusos un curso sobre Exercicio Físico e Ocio para maiores. Este curso realízase en colaboración coa Escola Galega de Saude para Cidadáns e vai dirixido a toda a poboación.
Esta actividade ten como obxectivo proporcionar coñecementos sobre a importancia dun estilo de vida saudable e o desenvolvemento de actividades físicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevención de enfermidades.
Todas aquela persoas interesadas en pareticipar nesta actividade poden anotarse chamando ós teléfonos 982559109/677489457
Adjuntos: