-
COBRANZA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA (IVTM)2024-07-15 08:32:02Info Xeral
O imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) do Concello de Outes está transferido, dende este ano, á Deputación Provincial da Coruña polo que será esta a encargada do cobro.
O prazo de ingreso voluntario será do 15 de xullo ao 30 de setembro, ambos inclusive.
Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio. Se algunha persoa non o recibe, poderá solicitalo contactando cos Servizos Tributarios da Deputación:
- correo electrónico: atencion.tributaria@dacoruna.gal
- teléfono: 900 132 204 (chamada gratuíta)
O ingreso poderá realizarse nas entidades financeiras autorizadas para colaborar co Servizo de Recadación: ABANCA, BANCO BILBAO VIZCAYA, ARGENTARIA, BANCO SABADELL, BANCO SANTANDER e CAIXABANK.
Tamén se poderá facer na Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.dacoruna.gal), mediante tarxeta de calquera entidade bancaria e sen custo para o contribuínte.
Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados o día 29 de agosto.
Máis información no BOP da Coruña do 11 de xullo de 2024: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/07/11/2024_0000004878.html