• 2024-11-22 17:00:00
    Info Xeral


    No pleno ordinario do pasado mes de outubro aprobouse, cos votos a favor dos grupos de goberno e a abstención do grupo da oposición, a modificación do PXOM para dotar Outes de chan industrial.

    Agora debe ser a Xunta de Galicia a que aprobe definitivamente a modificación, de xeito que xa estará delimitado o chan industrial na zona da Xurisdición, tal e como se indica na imaxe adxunta.

    Unha vez aprobada, o goberno municipal encargará a redacción do plan de urbanización dos terreos, onde se definirán parcelas e viais, así como o método e as fases de execución da zona a urbanizar.



    Adjuntos: