• 2025-07-15 13:22:01
    Info Xeral


    O Concello de Outes, en colaboración con Sogama, vai repartir 30 composteiros entre as persoas que o soliciten. Deben estar empadroadas en Outes e residir en vivendas unifamiliares que teñan horta ou xardín.

     A solicitude debe facerse por rexistro, de forma presencial nas Oficinas de Rexistro do Concello (1º andar) ou ben por Sede Electrónica entre os días 16 e 22 de xullo. Para a entrega dos composteiros seguirase rigorosa orde de inscrición.

    A entrega do composteiro e a charla informativa terá lugar o día 23 de xullo ás 19:30 na Casa da Cultura de Outes. No caso de non poder acudir a recollelo persoalmente ese mesmo día poderá acudir un representante.

    A charla formativa estará aberta a calquera persoa interesada.




    Adjuntos: