• 2026-01-28 15:02:36
    Emprego



    Publicado no DOG núm. 10, do 16/01/2026, o anuncio das convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis de iniciación e intermedio, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2026.

    Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal cunha antelación mínima dun mes respecto da data de inicio das probas.

    Máis información no DOG núm. 10, do 16/01/2026

    Ou contactando co Servizo de Orientación Laboral no teléfono 981850003

    Acceso ao DOG:
    https://acortar.link/AO4PDc