• 2026-03-09 14:19:48
    Servizos sociais e concilia


    O Concello de Outes, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres), ofrécelles ás familias con menores de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos o servizo de conciliación “Tempo de Pascua 2026”, que forma parte do programa “Outes Concilia”.

    Desenvolverase os días, 30 e 31 de marzo e o 1 e 6 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

    A inscrición permanecerá aberta desde o 10 ata o 16 de marzo. As prazas son limitadas.
    Máis información e folla de inscrición na páxina web https://www.outes.gal/es/axenda-local/436-tempo-de-pascua-2026




    Adjuntos: