• 2026-05-27 11:06:38
    Info Xeral


    📢 O Concello de Outes informa das axudas da Xunta de Galicia para facilitar a incorporación de condutores/as profesionais ao mercado laboral no ano 2026.

    Que se subvenciona:
    • Cursos CAP (cualificación inicial e ampliación/promoción).
    • Permisos de condución C e D (e as súas modalidades).

    Información
    • Importes: ata 1.200 € por curso ou permiso; ata 2.400 € en permisos de condución; ata 3.900 € por persoa se se combinan ambas liñas.
    • Destinatarios: persoas maiores de idade empadroadas en Galicia antes do 31 de outubro de 2025.
    • Presentación: as solicitudes presentaranse directamente na sede electrónica da Xunta, sen entidades intermediarias.
    • Prazo: dende o 27 de maio de 2026 ás 09:00 h ata o 30 de setembro de 2026 ás 20:00 h.

    Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260518/AnuncioG0759-040526-0003_gl.html