-
PROGRAMA GALEGO DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO DE MAMA: SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO2026-06-23 12:56:33Info Xeral
O Concello de Outes informa que o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a disposición das mulleres que o desexen un medio de transporte gratuíto para facilitarlle o desprazamento desde Outes ata a Unidade de Exploración, no Hospital Xil Casares. Tamén haberá transporte para a viaxe de volta ao concello.
As paradas do servizo serán:
- No Freixo (na parada de bus "Casa Martínez")
- No Cruceiro de Roo (na parada de bus "Casa Benita")
- Na Serra (diante do Concello)
- Na Ponte Nafonso (na parada do bus)
Os horarios de saída serán:
- ás 8:00 horas (para as mulleres citadas entre ás 9:00 e as 10:15 horas)
- ás 10:00 horas (para as mulleres citadas entre ás 11:00 e as 11:30 horas)
- ás 12:00 horas (para as mulleres citadas a partir das 13:00 horas)
O uso deste transporte non é obrigatorio, polo que quen o desexe pode acudir á cita polos seus propios medios.
Máis información: www.sergas.gal/ConsultaRutasAutobuses