• 2026-07-24 12:28:26
    Festas


    Anuncio

    AMPLIACIÓN DE HORARIOS POLAS FESTAS DO SANTIAGUIÑO E DO SAN CRISTOVO


    O Concello de Outes publica un bando para anunciar, con motivo da celebración das Festas do Santiaguiño e do San Cristovo, a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, en todo o termo municipal, durante as noites do 24 ao 25, do 25 ao 26 e do 26 ao 27 de xullo de 2026.

    Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria serán aqueles que conten con licenza municipal para actividade de hostalaría.