• 2026-09-25 13:55:44
    Emprego


    O concello de Outes publica as bases e convocatoria que rexerán o proceso selectivo para a contratación dunha persoa como auxiliar administrativo no concello de Outes. 

    A contratación, de 9 meses de duración e cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE Galicia 2021-2027, está reservada a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que deben cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
    • Ter feitos os 18 anos e non superar os 29 anos (idade máxima que establece a normativa vixente do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil).
    • Estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, como demandantes non ocupadas e estar dispoñibles para o emprego.
    • Contar co Graduado en ESO.
    • Ter solicitado o posto de auxiliar administrativo na súa demanda de emprego.
    • Estar inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Non ter traballado ou recibido accións educativas ou formativas o día natural anterior á data da selección e á da sinatura do contrato.
    Máis información: https://www.outes.gal/gl/anuncio/953-seleccion-de-persoal-convocatoria-para-a-seleccion-de-1-auxilia...