• 2019-12-11 11:40:07
    Cultura e Ocio

    Seguimos con actividades.

    Hoxe Mércores día 11 de Decembro ás 13:00 horas na Sala de Lectura terá lugar unha actividade organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela e na que colaboramos a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos e o Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos.

    Esta actividade consiste na actuación da actriz e contadora de historias asturiana Olga Cuervo co seu espectáculo infantil de narración oral “ELAS TAMÉN CONTAN” na que participarán os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén e os usuarios da Asociación Aspavi...

    Esta actividade forma parte do programa de colaboración da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coa Fundación Filomena Rivero Alonso de Redondela.

    https://bibliopazos.blogspot.com/2019/12/elas-tamen-contan-con-olga-cuervo.html?spref=fb&m=1




    Adjuntos: