• 2021-10-04 08:40:00
    Cultura e Ocio

    Ola outra vez,

    Xa estamos de novo.por aquí para informar que daremos por rematadas as actividades de dinamización da lectura do programa LER CONTA MOITO coa seguinte actividade:

    "FRUMARIO O BIBLIOTECARIO" é un espectáculo de MANUEL POMBAL no que "da man dun personaxe moi especial os nenos e nenas descubrirán os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca. Dinámicas escenas de fantasía, asombrosas narracións., ciencia, poesía, música,... sorprenderán aos participantes, animándoos a buscar os tesouros que a lectura nos ofrece: Emoción, misterio, diversión... E o máis importante: Todo nun mesmo lugar, a nosa biblioteca".

    Convidamos para esta ocasión aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" que gozarán seguro deste espectáculo no que descubrirán que nas bibliotecas existen mundos diferentes e poden vivir un sinfín de historias e aventuras dunha forma moi fácil e barata: Lendo.

    Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

    PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

    E NON VOS ESQUEZADES!

    EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.



    Adjuntos: