-
Clausura IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.02019-10-24 10:10:10Info General
Mañá será un gran día no IV Programa Integrado de Emprego de Galicia Mos 3.0
Teremos a clausura ás 12:30 horas no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos.
Contaremos coa presenza dos seguintes cargos políticos: Ignacio Rial Santomé, Delegado Territorial da Xunta de Galicia; Nidia Arévalo, Alcaldesa do Concello de Mos e Julia Loureiro, Concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Económico e Emprego do Concello de Mos.
Están convidadas tódolas persoas usuarias do IV Programa e empresas provedoras e colaboradoras durante o tempo de duración do proxecto.