-
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO MOS 3.0. (V edicion) 2019-20202019-11-21 09:12:47Info General
As persoas interesadas pódense dirixir directamente á Concellaría de promoción económica e emprego, situada na Axencia de Colocación de Mos (Avda. Peinador, 39, 36416, Mos), tlf 986487786, correo: piemosorientacion@concellomos.es ou info@axenciadecolocacionmos.es e manifestar o seu interese en participar no Programa. Deberán traer a documentación que acredite a pertenza a un dos colectivos. Prazo: ata o 15 decembro 2019
Novidades:
- Poden participar persoas que participaran en programas integrados anteriores.
- Todas as persoas demandantes que participen no programa terán dereito a percibir unha bolsa de 5 € por día de asistencia ás accións do programa.
- A programación formativa do programa está deseñada para mellorar o perfil profesional dos participantes, e ademáis de formación transversal, específica e coordinada co sector empresarial, ademáis inclúe un certificado de profesionalidade.
- O programa integrado ademáis conta cun Programa de conciliación, que facilita o apoio á participación de usuarios/as con dispoñibilidade escasa ou limitada, polo coidado de dependentes, ben sexa nenos de curta idade ou maiores ou persoas con discapacidade.
Colectivos que poden participar no programa:
Persoas desempregadas con discapacidade 5
Persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) 5
Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación 20
Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas 20
Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI) 25
Mulleres desempregadas 10
Persoas desempregadas de longa duración 15
TOTAL 100
Accións que se desenvolverán ao longo do programa:
1. Información, orientación e esesoramento
2. Formación transversal en novas tecnoloxía e/ou idiomas
3. Técnicos de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea
4. Habilidades sociolaborales e obradoiros de entrevista
5. Fomento de capacidade emprendedora – Programa de formación, apoio e mentorización- Escola de Emprendemento.
6. Prospección empresarial
7. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes
8. Formación para o emprego: esta formación estará relacionada coas necesidades detectadas no mercado de traballo, e programadas en coordinación coas empresas colaboradoras. Algunhas das accións formativas previstas son: Atención ao cliente, ocupacións relacionadas co comercio (dependiente, caixeiro, atención telefónica, …), formación en manexo de maquinaria, operario/a de almacén e xestión loxística, formación relacionada co ámbito da hostelería, formación para traballos de producción, formación en mantemento industrial, limpeza, …, formación online diversa, formación que se vai a adaptar aos perfiles das persoas participantes, e ao seu nivel académico.
9. Formación no certificado de profesionalidade, SSCM0108 LIMPEZA EN ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIÁIS ou outro adaptado aos perfís profesionáis dos participantes.
10. Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctica das acción formativas
11. Talleres de mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea ( redes Eures).
Obxectivo final do programa:
- A mellora da empregabilidade das persoas participantes.
- Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas.
- A inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.