• 2021-11-05 11:49:10
    Noticias

    No día de onte, 4 de novembro, tivo lugar o acto de clausura do VI Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 2020/21 no que estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento empresarial e Emprego, Julia Loureiro, empresas colaboradoras e usuarios.

    Consistiu nunha mesa redonda con representantes do equipo técnico, dos usuarios/as participantes e de empresas colaboradoras; poñendo o broche final ao encontro o cantante mosense Antonio Barros, tamén usuario do Programa, que interpretou Nessun Dorma.

    Púsose en valor a importancia da formación para acadar a inserción. A avaliación dos resultados obtidos polo Programa é moi positiva, xa que 78 dos 100 participantes do programa traballan ou traballaron o longo da duración do Programa grazas a labor de asesoramento na busca activa de emprego, mellora de competencias e as sesións de orientación laboral persoalizada.

    Agradecemos a todos/as a súa asistencia e tamén agradecer os que non puideron asistir a súa colaboración durante o Programa. Agardamos poder continuar con está labor tan importante que sen a colaboración da consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia non sería posible.