• 2024-02-09 14:24:18
    Cultura e Festas


    As novas datas anunciaranse nos próximos días.

    O mal tempo non da tregua e as previsións meteorolóxicas para os próximos días ameazan ao Entroido. Co fin de poder disfrutar das actividades programadas por todo o alto, o Concello do Porriño acordou aprazar a programación do Entroido para esta semana.

    Mantéñense os obradoiros infantís, que se trasladan ao Centro Cultural Municipal, e o campamento de Entroido. As novas datas de celebración dos desfiles de comparsas e o resto de actos previstos anunciaranse nos próximos días, unha vez se coordinen con todos os participantes.

    Máis info en: https://ecultura.net


    Adjuntos: