• 2020-11-23 19:03:11
    Información Xeral

    A Comisión Municipal de Seguimento anti Covid celebrou hoxe reunión telemática para avaliar os últimos datos no municipio e medidas a adoptar polo Concello.
    Segundo a última actualización do Sergas, O Porriño ten 84 casos activos diagnosticados de Covid e unha incidencia acumulada de máis de 250.
    Na reunión de hoxe compareceu a xefa do departamento de Servizos Sociais que informou dos protocolos que están a seguir. Tamén o concelleiro responsable, David Alonso detallou información sobre o reparto a domicilio dos lotes de alimentos que canaliza “SOS Porrriño” que se realiza para aminorar riscos e coa importantísima colaboración da Agrupación de Protección Civil.




    Adjuntos: