• 2020-12-02 17:16:03
    COVID

    O Porriño poderá abrir a súa hostalaría, tan só en terrazas, ao 50 % de aforo e ata as 17:00 h.
    O presidente da Xunta de Galicia ven de comunicar este mediodía as novas medidas de desescalada acordadas que establecen unha reapertura gradual da hostalaría, a partir deste venres día 4. Establécense 4 niveis de reapertura. O Porriño atopase no nivel máis restritivo polo que a Xunta de Galicia tan só autoriza a reapertura das terrazas dos establecementos de hostalaría cun aforo do 50 % e ata as 17:00 horas. En cada mesa poderán estar ata 4 persoas sexan conviventes ou non.
    Neste mesmo nivel de restrición atópanse outros concellos da contorna como Redondela, Tui e Ponteareas.
    A medida entrará en vigor pasado mañá venres, ás 00:00 horas.
    O toque de queda dende as 23:00 horas e ata as 6 da mañá, segue vixente. O confinamento perimetral agora será individual, descolgándose O Porriño da améndoa que inclúe a Vigo, Mos, Nigrán e Gondomar.
    Por outra banda, a alcaldesa Eva García recibirá mañá xoves a mediodía, máis información detallada do conselleiro de Sanidad coa ocasión da video conferencia semanal que Julio García Comesaña está a manter cos alcaldes e alcaldesas dos concellos da área de Vigo.




    Adjuntos: