• 2020-12-14 11:41:50
    COVID

    O Servizo Galego de Saúde notificou hoxe un repunte das infeccións por COVID en Porriño. Na actualización de datos publicados diariamente na súa páxina web, hoxe informa de 50 novos casos diagnosticados. A incidencia acumulada tamén empeora, superando unha vez máis os 250.
    Precisamente hoxe celébrase unha reunión da Comisión Municipal de Seguimento, que comeza ás 13:00 horas.