• 2021-02-26 12:20:52
    Deportes

     

    Esta mañá, coa estrea da desescalada, o Concello do Porriño anunciou a reapertura da Piscina Municipal, efectiva a partir de hoxe venres, 26 de febreiro.
    Segundo a dirección da instalación, o uso da piscina lévase a cabo nos mesmos termos que antes do 27 de xaneiro.  É dicir, mediante solicitude de cita tanto para a piscina como para o ximnasio, xa que as quendas de uso son con capacidade restrinxida.
    Restauranse as clases de natación, aquagym, pilates e ximnasia de mantemento, tamén con quendas de catro persoas por monitor.


    Adjuntos: