• 2021-03-16 19:22:54
    Vías e Obras


    O CONSORCIO DO LOURO ANUNCIA CORTE DO SUBMINISTRO DE AUGA NALGUNHAS RÚAS DO CENTRO URBANO PARA OBRAS DE MELLORA DA REDE O Consorcio de Augas do Louro anuncia que será finalmente este mércores día 17 cando se realice o corte de dúas horas e media de duración no abastecemento de auga nalgunhas rúas do centro urbano. Para tarefas de mantemento de rede. Esta é a operación que inicialmente ía ter lugar o luns 15. Ese día, como consecuencia da imprevista e grave avaría ocorrida na condución xeral que provocou un corte de auga que afectou a toda a zona urbana durante varias horas, desestimouse realizar as obras de mellora que finalmente se acometerán este mércores. Segundo a información trasladada polo Consorcio de Augas do Louro ao Concello, o corte previsto entre as 10 e as 12.30 da mañá afectará a vivendas, locais, negocios e empresas situadas nas seguintes rúas urbanas: Avenida de Galicia e rúas Pontevedra, Ourense, Coruña e Santiago.