• 2021-04-03 09:11:52
    Vías e Obras

    Ás 5.05 desta mañá notificouse a rotura da condución xeral de auga e desde as 5.30 cortouse a traída o que deixou sen subministración ao centro urbano de Porriño, segundo a información facilitada polo Consorcio de Augas do Louro ao Concello.

    A avaría está situada, de novo, no Camiño Currás, moi preto do punto onde ocorreu o 15 de marzo outra incidencia que tamén motivou un corte de auga xeral.

    A previsión é que a reparación na que se está a traballar como reflexa a imaxe, conclúa esta mañá e ao mediodía, o abastecemento poida normalizarse.



    Adjuntos: