• 2021-04-21 13:14:59
    Información Xeral

    A compañía eléctrica "Naturgy" informa ao Concello que na próxima madrugada levará a cabo traballos de mellora na rede que requirirán facer cortes de subministro en diversos puntos do casco urbano. As interrupcións no subministro produciranse entre as 0:00 e as 2:00 desta vindeira madrugada. 
    As zonas afectadas serán Gulpilleira; rúa Antonio Palacios; calexa de Talleres Pichel; A Risca e Urbanización Monte Alto.