• 2021-04-22 22:07:33
    Vías e Obras


    Este venres 23, entre as 10:00 e as 13:00 haberá un corte do subministro de auga que afectará ás vivendas e locais situados nas rúas Aloques e Navuxil. O corte debese ás obras de humanización da rúa Aloques e será realizado por persoal da empresa "Excavaciones Pérez" que está a desenvolver ese proxecto, segundo a comunicación realizada pola contratista ao Consorcio de Augas do Louro e ao Concello.