• 2021-07-19 12:04:42
    Información Xeral

    Xa se atopa dispoñible unha nova versión da aplicación Bandomovil para o sistema operativo iOS (versión 10.0.0). Para poder gozala é necesario que os usuarios de bandomovil con terminal iOS actualicen a app desde a App Store, buscando a app como “bandomovil”, unha vez instalada, o servizo iniciarase seleccionando “O Porriño Informa”.

    En breve procederase a actualizar a app de Android, máis información proximamente.